SERVIZO DE CULTURA, TURISMO E MOCIDADE

Actividades lnfantís

REBULINDO NA BIBLIO: Actividades de animación lectora, manualidades, xogos …. Todos os martes e xoves de novembro a maio, na Biblioteca Municipal de 18:00 h. a 19:00 h.

ACTUACIÓNS DE TÍTERES E CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Para celebrar diferentes datas teremos actuacións na Biblioteca Municipal (as datas do ano 2016 son orientativas, comunicaranse oportunamente a través da web).

DÍA DA BIBLIOTECA O día 23 de outubro ás 18:30 h. representación da obra “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa” Actuación para ne nos e nenas maiores de 2 anos.

DÍA DO LIBRO Ano 2016 (23 DE ABRIL).

DÍA DAS LETRAS GALEGAS Ano 2016 (17 DE MAIO).

CONCURSO DE POSTAIS. Decembro.

VEÑEN OS REIS. S de xaneiro de 2016.

 

Actividades para Adultos

OBRADOIRO DE MEMORIA: Grupos en Calvelle, A Derrasa, Vilariño, Loñoá, O Pereiro de Aguiar e Melias. De outubro a febreiro. Actividade gratuíta.

OBRADOIRO DE MANUALIDADES E PINTURA

Grupos en Calvelle, A Derrasa, Vilariño, Loñoá, O Pereiro de Aguiar e Melias. De outubro a xuño. 30 € persoa/mes (6 horas). Grupo mínimo S persoas.

OBRADOIRO DE COSTURA E ARRANXOS

Os venres de outubro a decembro de 18:00h. a 20:00 h. Local do Pereiro de Aguiar. 20 €por persoa/ mes. Grupo mínimo 10 persoas.

DíA DA M ULLER TRABALLADORA (8 DE MARZO)

No salón de Actos do Centro de Día dos Gozos, entrega de diplomas do Obradoiro de Memoria e pequeno acto conmemorativo á muller máis lonxeva do municipio.

PEREIRO-actividades-02-Cultura-Turismo-e-Mocidade

 

Actividades en Familia

FESTA DA ESCUMA 29 de agosto no Pavillón municipal a partir das 17 :00 h.

DÍA DA BICI 13 de setembro a partir das 11 :00 h. na Praza do Concello.

XORNADA SOBRE ALZHÉIMER “Como coidalos sen descoidarse” Cales son os coidados para os enfermos con demencia, ou alzhéimer e como se ten que coidar o coidador. O día 21 de outubro ás 19:00 h. no Salón de Actos do Centro de Día dos Gozos. Xornada impartida pola Asociación de Alzhéimer de Ourense.

XORNADAS MICOLÓXICAS (10 horas)

E COCIÑA CON COGOMELOS (4 horas)

Esta actividade realizarase na fin de semana no Albergue de Ordelles. A actividade consiste na recolección de cogomelos e a súa posterior elaboración. A data non se pode determinar xa que depende das condicións meteorolóxicas, pero será nos meses de outubro ou novembro. 12 € por persoa. Grupo mínimo 1 S persoas.

OBRADOIRO DE COCIÑA ALTERNATIVA BIOSALUDABLE

Esta actividade realizarase no Albergue de Ordelles. Haberá dúas sesións, unha o 17 de outubro (receitas de outono e inverno), e outra o o 19 de marzo (receitas de primavera e verán) Traballaranse receitas sen glute, sen azucre, sen leite e outras receitas con alimentos de tempada e autóctonos. Duración 4 horas/sesión. 6 € por persoa/sesión. Grupo mínimo 1 S persoas.

XORNADA DE SEGURIDADE ALIMENTARIA Hixiene de alimentos, malas prácticas dos mesmos que poden orixinar enfermidades, como previlas. Impartida polo xefe de zona de Saúde Pública. O día 11 de marzo ás 19:00 h. no Salón de Actos do Centro de Día dos Gozos.

XORNADA “TENZA RESPONSABLE DE ANIMAIS DE COMPAÑA” Lexislación, coidado, dereitos e deberes das nosas mascotas. Impartido polo Colexio de Veterinarios. O día 1S de abril ás 20:00 h. no Salón de Actos do Centro de Día dos Gozos.

OBRADOIRO DE PRANTAS MEDICINAIS Recoñecementoe elaboración de produtos (xabóns, cremas, remedios naturais) Mes de xuño. Duración 4 horas. 6 € por persoa. Grupo mínimo 1 S persoas.

ENTROIDO Festa do Entroido no Pavillón Municipal o 6 de febreiro.

PEREIRO-actividades-02-Actividades-en-familia

 

 

 


 


 

 

PADRE FEIJOO

O lugar de Casdemiro,  na parroquia de Sta. María de Melias, viu nacer a un dos polígrafos máis destacados de Galicia e de Europa do seu tempo. Autor dunha obra extensa e renovadora, as súas ideas ilustradas e notablemente avanzadas levárono a ser conselleiro de reis e forxador do espírito da súa época.

Benito Gerónimo Feijoo e Montenegro naceu en Casdemiro (O Pereiro de Aguiar) en 1676. A súa xuventude transcorreu nas terras das ribeiras do Sil, cursando os seus primeiros estudos na ‘Escuela de Santidad’ do Mosteiro de Santo Estevo.

Aos catorce anos trasládase ao Mosteiro de Samos, onde é ordenado monxe da Orde Beneditina dous anos máis tarde, á idade de dezaseis anos. Dende ese momento ata os 33 anos pasa a súa vida nos mosteiros de Poio e Lérez, próximos a Pontevedra. Neste último imparte clases a futuros monxes, entre os que se atopa o seu discípulo e igualmente célebre polígrafo Padre Martín Sarmiento. Máis tarde convértese en doutor en Sagrada Teoloxía na Universidade de Oviedo, cidade na que será nomeado Mestre xeral da Orde de San Bieito e, en dúas ocasións, abade do mosteiro de San Vicente. Sendo xa o seu pensamento un dos máis influentes do estado, ofrécenlle as abadías de Samos e de San Martín de Madrid, así como un bispado en América, posto á súa disposición por Felipe V en persoa, pero sen aceptar ningunha destas propostas.

Feijoo alcanza a categoría de home de estado ao ser nomeado membro do Consello de Castilla, consello real do monarca Felipe VI, quen tamén prohibiu persoalmente os ataques e censuras da Inquisición contra a progresista obra de Feijoo. Desta forma, as opinións do monxe adquiren o valor de ‘palabra do Rei. O insigne polígrafo e estadista  fina no Mosteiro de San Vicente de Oviedo en marzo de 1764, aos oitenta e sete anos de idade.

A extensa obra de Feijoo amosa un carácter ilustrado, incluso un tanto precoz e avanzado para o seu tempo, así como tamén pedagóxico, divulgador, práctico e enciclopedista, abarcando un vasto campo de saber que vai dende a filosofía á medicina, pasando pola economía, ata o dereito e a política.

A sagacidade, lucidez e intuición dos numerosos volumes do seu”Theatro Crítico Universal” e as súas”Cartas eruditas y curiosas” valéronlle o recoñecemento unánime e a admiración dos seus contemporáneos. Por todo isto, non cabe a menor dúbida de que o Padre Feijoo foi un preclaro home de avanzado progresismo, forxador do espírito da súa época e precursor da Ilustración de Europa.