As principais vías de comunicación son a estrada N-120 Ourense-Ponferrada e a estrada C-536 Ourense-A Rúa, existindo ademais numerosas vías secundarias que unen os diferentes núcleos de poboación do Concello, como son as estradas de Castadón a Luíntra, Cortiñas a Tarreirigo, Tapada de Bouzas pola Chaira, A Derrasa a Faramontaos, Ferradal a Loña do Monte e Vilariño ao Pereiro , polo que podemos afirmar que é un dos concellos mellor dotados da provincia en infraestruturas viarias.

 

Prema aquí para: Mapa interactivo (Google Maps)

 

O Concello do Pereiro de Aguiar atópase situado a 7 Km da capital lindando cos concellos de Nogueira de Ramuín ao Norte, Paderne de Allariz ao Sur, Esgos ao Leste e Ourense ao Oeste.

A súa extensión é de 61,1 Km², situándose á esquerda do río Miño que baña as súas terras ao carón do encoro de Velle, aínda que tamén transcorre por este Concello o río Loña, verdadeiro nervio axial do mesmo, deixando ao seu paso outros dous encoros que abastecen de auga á capital provincial (Cachamuíña e Castadón).

Posúe unha poboación de 6336 habitantes (ano 2012) e está composto por 13 parroquias.

As maiores alturas podemos atopalas na cadea oriental, Chaodarcas (647 m) e nos montes de Ordelles, Outeiro de Covas e Balbón, na cadea occidental sitúase como punto máis elevado o Monte da Chaira (449 m).

O clima destas terras baixas e abrigadas, prolonga o mesmo clima que o val do Sil, con estas características mediterráneas.

A temperatura media anual é de 14º en xaneiro e 21,7º en xullo


RESTAURANTES

• Galileo

Santabaia. O Pereiro de Aguiar

Tfno. 988380455

• O Roupeiro

Estrada comarcal 536 – O Roupeiro- A Derrasa

Tfno. 988380038

• Os Caracoles

Estrada comarcal 536 – A Derrasa

Tfno. 988380165

• O Lar dos Cregos

Estrada comarcal 536 – Santabaia

Tfno. 988380058

• Restaurante Víal

Estrada Monterrei. Km 1

Tfno. 988256060

• Hotel Monterrei

Estrada Monterrei

Tfno. 988405600

• Don Franque

Parque empresarial do Pereiro de Aguiar

Tfno. 988256336

• O Colmear

Cachamuíña

Tfno. 988259576

• Kopa

Estrada vella  Ourense-Monforte . Vilariño

Tfno. 988258120

• Casa Manuel Alejandro

Santa María de Melias

Tfno. 988257098


ALOXAMENTOS

  • Hotel rústico San Jaime

A Morteira- Tibiás.

Tfno. 988405684

  •  Hotel Monterrei

Estrada Monterrei

Tfno. 988405600

  •  Os Caracoles

Estrada comarcal 536 – A Derrasa

Tfno. 988380165

  • Hostal  Víal 

Estrada Monterrei. Km 1

Tfno. 988256060

  •  Pensión Covas

A Zamorana, 1

Tfno. 988405636

  •  Pensión Molgas

A Zamorana, s/n

Tfno. 988405738

  • Pensión Pica Pao

Estrada Ourense- Maceda, km 9

Tfno. 988405648