Inscricións para a Aula de Conciliación da vida laboral e familiar

As solicitudes serán presentadas no Rexistro das Oficinas Municipais.

O concello de O Pereiro de Aguiar anuncia a posta en marcha da Aula de Conciliación da vida laboral e familiar do concello de Pereiro de Aguiar, cuia inscrición para participar nela abrirase o día 31 de agosto e rematará o 8 de setembro. As solicitudes debidamente cumplimentadas serán entregadas no Rexistro das oficinas municipais, Para elo poderán ser descargadas xunto cos requisitos no seguinte enlace ou recollidas en man nas propias oficinas municipais.

INSCRICIÓN NA AULA CONCILIA PARA

O CURSO 2015-2016

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

 

  1. Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
  1. Certificados de empresa, nos que figure o horario laboral dos dous proxénitores, e vida laboral de ambos.
  • Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
  1. No caso de familias monoparentais: acreditación de familia monoparental/sentencia de separación ou divorcio.
  1. Declaración xurada de estar empadroado, no concello, dalgún dos proxenitores ou do nen@
  1. Fotografía de carné d@ menor ( [email protected] de 4º de infantil)

LUGAR E DATAS DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN:

  • As solicitudes serán presentadas no Rexistro das Oficinas Municipais.
  • O prazo de entrega comezará o 31 de agosto e rematará o 8 de setembro.

Non se recollerá ningunha inscrición que non estea completa.

Descargue a documentación neste enlace.

No Pereiro de Aguiar, 24 de agosto de 2015

O alcalde, Eliseo Fernández Gómez