ORIENTACIÓN LABORAL 

O Concello do Pereiro de Aguiar, como Centro Colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia, dispón dun Departamento de Orientación Laboral. As accións que se realizan dende este servizo teñen como obxectivo mellorar as posibilidades de  inserción laboral das persoas desempregadas.

As actuacións que se desenvolven son, entre outras, as seguintes:

• Información sobre os programas de Formación e Inserción laboral da Consellería de Traballo e Benestar

• Difusión das subvencións e axudas para a contratación de persoas desempregadas, así como de lexislación de interese relacionada co emprego e a formación.

• Intermediación laboral: información e xestión de ofertas de emprego, listas de contratación, etc…

• Deseño  e elaboración de currículos e cartas de presentación.

• Elaboración de Itinerarios Personalizados de Inserción ás persoas desempregadas a través de información e orientación profesional para o emprego e o autoemprego, para a mellora da súa cualificación profesional e da súa empregabilidade.

e-mail: [email protected]


 

PUNTO DE INFORMACIÓN DO SPEG

Nas dependencias do concello tamén se atopa o Punto de Información do Servizo Público de Emprego de Galicia onde poden renovar as súas demandas de emprego, evitando os desprazamentos a Ourense. No mesmo Punto poden consultar ofertas de emprego e acceder a diversas páxinas web dos diferentes Servizos Públicos de Emprego Nacionais e Autonómicos. Para poder utilizar este servizo deben acudir á Oficina de Emprego da Ponte (Ourense), e rexistrar a súa impresión dixital. Unha vez feito o rexistro, poden utilizar este servizo co que conta o Concello.

Horario de atención ao público:

De luns a venres de 9.00 a 14.30 h.