Preparación de probas libres de ESO, a ciclos medios de FP e sobre competencias clave:

Dende o Servizo de Educación está programada a preparación para probas libres de ESO, para persoas a partires dos 16 anos durante todo o ano; preparación de probas de acceso a ciclos medios de FP, tamén de 16 anos en adiante todo o ano; preparación de probas sobre competencias clave. As datas dependerán da publicación da Orde da convocatoria, que se agarda sexa a partires de febreiro; reforzó escolar a partir de xaneiro para alumnos de primeiro e segundo da ESO; servizo de orientación e asesoramento a pais, nais e estudantes (ESO, ciclos formativos e demais xestións administrativas relacionadas co ámbito educativo).

Toda a información das actividades e datas comunicaranse oportunamente a través de bandos, da web municipal e do facebook da OMIX. Os interesados en recibir información a través de correos electrónicos, podedes enviarnos o voso correo a o seguinte enderezo: [email protected]. Para inscricións ou maior información sobre as actividades, o teléfono da Biblioteca Pública é o 988 259 839. O horario de atención ao público é de 20,00 h. a 14,00 h., e de 16,00 h. a 20,30 en inverno; e de 9,00 h. a 14,30 h. no verán.

Preparación de pruebas libres de ESO, acceso a ciclos medios de FP y sobre competencias clave

Desde el Servicio de Educación está programada la preparación para pruebas libres de ESO, para personas a partir de los 16 años durante todo el año; preparación de pruebas de acceso a ciclos medios de FP, también de 16 años en adelante todo el año; preparación de pruebas sobre competencias clave. Las fechas dependerán de la publicación de la Orden de la convocatoria, que se espera sea a partir de febrero; refuerzo escolar a partir de enero para alumnos de primero y segundo de ESO; servicio de orientación y asesoramiento a padres, madres y estudiantes (ESO, ciclos formativos y demás gestiones administrativas relacionadas con el ámbito educativo).

Toda la información de las actividades y fechas se comunicarán oportunamente a través de bandos, de la web municipal y del facebook de la OMIX. Los interesados en recibir información a través de correos electrónicos, podéis enviarnos vuestro correo la lo siguiente dirección: [email protected]. Para inscripciones o mayor información sobre las actividades, el teléfono de la Biblioteca Pública es el 988 259 839. El horario de atención al público es de 20,00 h. la 14,00 h., y de 16,00 h. la 20,30 en invierno; y de 9,00 h. la 14,30 h. en verano.

 


 

 

SERVIZO DE CULTURA , OCIO E TEMPO LIBRE- OMIX

A importancia dun concello non se define polo tamaño do seu territorio, nin polo maior ou menor número de habitantes, senón máis ben pola calidade de vida que ofrece. A calidade de vida mídese, entre outras cousas, polo grao de acceso dos cidadáns aos medios de educación e cultura.

Dende este servizo  trabállase na busca dos seguintes obxectivos:

  • Incentivar e favorecer a creación cultural, creando novos espazos para a cultura e apoiando material e economicamente os procesos creativos.
  • Rendibilizar os investimentos culturais, programando actividades para tódalas idades e durante todo o ano.
  • Fomentar o asociacionismo, favorecendo así a participación cidadá e poñendo a disposición dos veciños recursos, programas e espazos para o lecer e a creación.
  • Descentralizar a oferta cultural, desenvolvendo unha rede de centros socioculturais en distintos lugares e parroquias.
  • Promover a conservación do patrimonio cultural, organizando e patrocinando todos aqueles eventos en favor da tradición cultural e festiva do noso Concello.

OMIX

OMIX son as siglas da Oficina Municipal de Información Xuvenil. É un servizo dirixido e orientado á mocidade.
A OMIX informa e asesora a tódolos/as mozos/as que o demanden, podendo atopar información sobre cursos, bolsas e axudas, vivenda, campamentos, concursos, …

Entre outras actividades , destacar as seguintes:

• Campamentos de verán

• Saídas culturais.

• Obradoiros

• Festa Infantil e Xuvenil

• Tramitación do Carné Xove

MAIORES

• Excursións

• Obradoiros de memoria, risoterapia, baile…

ACTIVIDADES CULTURAIS 

• Certame Artístico Terras de Aguiar

• Diferentes exposicións

• Programa “Camiños de Cultura”

• “Veñen os Reis”

• Entroido

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO SOCIAL

• Voluntariado Social e Ambiental

Horario de atención ao público:

Luns a venres de 9.00 a 14.30h na Biblioteca Pública Municipal

e- mail: [email protected]