SERVIZOS SOCIAIS

Os servizos sociais de atención primaria constitúen o nivel máis achegado ao usuario e ao seu ambiente familiar e social.

Como obxectivos principais deste servizo destacan:

A detección e análise de problemas e necesidades; a información e orientación aos cidadáns sobre os seus dereitos sociais e recursos para a satisfacción dos mesmos; a prevención, a mellora da autonomía persoal e permanencia no medio familiar, a inserción social e a animación e desenvolvemento comunitario, sen esquecer a cooperación e solidariedade expresada polo voluntariado social.

PROGRAMAS BÁSICOS DO SERVIZO:

  • INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO
  • AXUDA NO FOGAR
  • PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR
  • PROGRAMAS DE ANIMACIÓN, PREVENCIÓN E COOPERACIÓN SOCIAL
  • OFICINA DE ATENCIÓN  Á DEPENDENCIA

Horario de atención ao público:

Luns a venres de 9.00 a 14.30 h.

e-mail: [email protected]


OUTROS SERVIZOS MUNICIPAIS.

  • BRIGADAS DE CONSTRUCIÓN, XARDINERÍA, ELECTRICIDADE: Avisos ao concello en horario de oficina.
  • SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS (oficina de atención ao público sita na antiga Casa do Concello)

Horario de atención ao público: De luns a venres de 9.00 a 13.00 h.

Teléfono e Fax: 988259696

  • PISCINAS MUNICIPAIS SANTA MARTA: sitas na Urbanización Veiga de Abaixo, abertas en período estival.

SERVIZO DE DEPORTES E PAVILLÓN MUNICIPAL

O Concello dispón dunha instalación deportiva situada na Chaira, ao carón do Colexio Público Ben-Cho-Shey.

Os servizos que se ofertan van dende o aluguer das pistas polideportivas para a práctica de deportes como o fútbol e o baloncesto, ximnasio, ata unha oferta variada de actividades destinadas á poboación en xeral.

• Ximnasia de mantemento (actividade anual)

• Cachibol

• Xogos pre-deportivos e cooperativos nas vacacións de verán dos/as nenos e nenas

• Escolas deportivas (mini-basket, fútbol, karate infantil, psicomotricidade, …)

• Aeróbic

• Kick-boxing

• Día da Bici

O pavillón está aberto ao público de luns a venres de 16.00 a 23.00 horas.

A instalación non dispón de teléfono pero para calquera consulta poden chamarnos ben ao teléfono do Concello ou ben ao da Biblioteca Pública (988259385/988259839)


OUTROS SERVIZOS DE INTERESE

  • CENTRO DE SAÚDE

Praza do Concello, 3

32710 O Pereiro de Aguiar.

Tfno.: 988 259 318

Fax: 988 256 340

HORARIO DE ATENCIÓN DE ENFERMERÍA:

De luns a venres de 8.30 a 13.00 horas
HORARIO DE ATENCIÓN MÉDICA:

De luns a venres de 8.45 a 13.00 horas

  • ESCOLA INFANTIL DO PEREIRO DE AGUIAR

Urbanización Veiga de Abaixo, 66

Santa Marta de Moreiras

Tfno. 988 380 258

  • COLEXIO PÚBLICO BEN-CHO-SHEY

A Chaira s/n

Tlfno. 988 259 454


ATENCIÓN AO CIDADÁN

Coa intención de achegar a administración ao cidadán e, polo tanto, de aumentar a súa calidade de vida, o Concello dispón dun Servizo  de Atención ao Cidadán no que se realizan,  entre outros, os seguintes trámites:

• Empadroamentos

• Rexistro de entrada de documentación

• Certificados de convivencia

• Rexistro do Portelo Único da Xunta de Galicia

• Rexistro de parellas de feito.

Horario de atención ao público:

Luns a Venres de 9.00 a 14.30 h.

Sábados: Rexistro  de documentación de 9.00 a 13.00 h.

e-mail: [email protected]


 CENTRO DE SAÚDE

No campo sanitario o Concello do Pereiro de Aguiar conta cun Centro de Saúde onde se presta

asistencia sanitaria en atención primaria, construído pola Xunta de Galicia no ano 1998.

Os profesionais que prestan servizo neste centro, así como o seu horario de atención é o seguinte:

INSTALACIÓNS:
-2 Consultas médicas con padiola.
-1 Consulta para Cita Previa
-1 Consulta para  a matrona (Clases Preparto, Postparto, etc)
-Sala de electrocardiogramas.
-Sala de extracción de sangue.

MÉDICOS
-D.Casiano Ángel Feijoo García
-D. Jorge Mosquera González.

ENFERMEIRAS
-Dª María Ángeles Rodríguez Rivera

-María José Vázquez Estrada

MATRONA
-Dª María Dolores Fernández Bustabad

AUXILIAR
-Juan Antonio Núñez Maside
ENDEREZO: Praza do Concello

32710 O Pereiro de Aguiar
Tfno.: 988259318
Fax : 988256340
HORARIO DE ATENCIÓN MÉDICA:

De luns a venres de 8.45 a 13.00 horas

HORARIO DE ATENCIÓN DE ENFERMERÍA:
De luns a venres de 8.30 a 13.00 horas


BIBLIOTECA  MUNICIPAL  E  TELECENTRO
A biblioteca municipal está situada no edificio da antiga Casa do  Concello.

Na biblioteca contamos cun volume de fondos de 6500 títulos aproximadamente, así como dun apartado de videoteca e acceso a internet gratuíto.

A biblioteca está a día de hoxe integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia, o que nos permite ofertar un servizo de calidade ao cidadán, optar a subvencións e procurar melloras no servizo, algo iremos ampliando día a día, sempre buscando cubrir e axustarse ás demandas dos/as usuarios/as.
Entre os servizos que se  ofrecen , entre outros que van xurdindo pouco a pouco:

• Préstamo de libros e consulta na sala

O servizo de préstamo da biblioteca permítelle a cada socio/a sacar 3 exemplares por un prazo de 15 días.

• Campañas de animación á lectura ao longo do ano.

• Cursos varios: mecanografía, informática…

Horario de atención ao público:

Luns a venres de 9.00 a 14.30h  e de 16.00 a 20.30h.

e-mail: [email protected]

Blog: bibliopereiro.wordpress.com


Punto Limpo.

Horario de atención ao público:

De luns a venres de 9.00 a 14.00 h. e de 16:00 a 18:30 h.