Alcalde de Pereiro de Aguiar

Saúdo do alcalde.

As novas tecnoloxías convertéronse nunha ferramenta indispensable para o funcionamento cotián de persoas e institucións. A estas alturas resulta impensable imaxinar un mundo á marxe da realidade virtual; é dicir, sen informática e internet, por non ir máis lonxe. Nada do que suceda na rede nos resulta alleo e a iso debemos prestar a maior atención para poder seguir o ritmo dos acontecementos.Por iso o concello do Pereiro de Aguiar trata de dar resposta aos retos que a comunicación moderna lanza a diario. Esta páxina web está contemplada nesa liña, de forma que constitúa un instrumento útil para todos os que se asomen a ela en busca de respostas ou solucións. Queremos que sexa o grande escaparate no que os usuarios encontren a información máis completa sobre o municipio e as súas xentes, a súa cultura, historia, o patrimonio cultural e monumental, ao tempo que tantos valores inmateriais que fan de Pereiro un lugar atractivo e amable para o visitante, acolledor para os que deciden sumarse a esta comunidade, e xeneroso con todos.Queremos que a web do concello de Pereiro sexa reflexo da inquietude e o vivo latexo do pulso dos seus veciños, exemplo de laboriosidade e pulo detrás dun futuro mellor. Demóstrao o feito de vaiamos gañando poboación co paso do tempo, con numerosa xente nova e un ilusionante presente que apuntala a viabilidade dun mañá prometedor, en contraste coa realidade que nos circunda.
Ademais de informar, pretendemos que a páxina web do Pereiro achega información abondo a quen a demande e contribúa a simplificar a relación dos veciños co Concello, na convicción de que logralo non constitúe unha meta, senón un estímulo para a mellora permanente, acorde coas necesidades da comunidade á que tratamos de servir como se merece.

Eliseo Fernández Gómez, Alcalde de Pereiro de Aguiar