Segundo o artigo 7 da lei 3/2007 de Prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, é competencia dos concellos a elaboración e aprobación dos plans municipais de prevención e defensa contra incendios forestais.
Estes plans deben integrarse dentro do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (PLADIGA) e dos plans do Distrito; así como no Plan de emerxencias municipal (PEMU).

Os obxectivos básicos son:

  1. Descrición da situación actual do concello (análise de riscos, zonas de actuación, prioridades, …)
  2. Catálogo de medios e recursos preventivos e de defensa.
  3. Procedemento en caso de emerxencia.
  4. Programación de traballos preventivos.

prevencion-incendios-PLAN-MUNICIPAL

O Concello do Pereiro de Aguiar elaborou o “Plan municipal de prevención e defensa contra incendios forestais” ao abeiro da subvención concedida a este concello relativa á Orde do 26 de abril de 2016, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020” na que se establecían as bases para a concesión de axudas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a asistencia técnica na elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas”.